Teño
un bulebule na miña cama
un
bulebule doce de ir e vir
onde
o teu corpo se chama porvir
onde
se trenzan soños por quen se ama.
Flúo
entre mares brancos de leite
onde
te apareces ceibe e núa,
enchendo
de desexo esa lúa
que
vive nas sabas do teu deleite.
Cando
chegas calada a miña noite
entrando
paseniño no meu soñar,
alborexa
abril en liberdade
e di
a miña cantiga a quen escoite
que desexo
verte en cada espertar
latexando
en doce humidade