viernes, 7 de septiembre de 2018

SEGUIMOS CANTANDO POLA CHA


Seguimos cantando pola Cha
para anegala no recendo da túa humanidade,
para que ecoen os teus versos
no rechouchío dos paxaros
que cruzan o "ceio" chairego
como pombas de abril
que, cun sorriso,
espertan o mundo á liberdade.

Latexa en nós o teu canto ceibe
que espertou do sono a Breogán
para facer un soño novo
de matria común,
de humanidade ergueita
e pobo ceibe
que hoxe recende nesta rosa
agromada na cor inmensa
da primaveira eterna
que nos deixaches, Manuel,
para cantar, con voz propia,
                                                              soños de futuro